FOTOGALERÍA | A feira do Lázaro tamén é formación

FOTOS: Anabel G. Simón.
Elena, de Tarde Piache, no obradoiro de elaboración de pulseiras.
Esther Gómez, de Pato Joyeros, no taller que organizaron na feira do Lázaro.
A banda de música de San Cibrao das Viñas, desfilando polas rúas de Verín.
A Banda de Música de Verín, no momento de comparecer na Praza da Mercé para participar no III Festival de Bandas do Lázaro.

Grande parte do calendario de actividades programadas polo Concello de Verín para este Lázaro 2024 perseguían facer ao público asistente partícipe delas de xeito moi activo. 

A xornada do sábado arrincou cunha cata de queixos, á que lle deu continuidade a actividade Sabores con sostibilidade, onde se mesturaron aromas dos viños da D.O. cos ingredientes máis sostibles da cociña próxima. 

Pola tarde, catro obradoiros. Abriron a quenda Pato Joyeros, cun taller de elaboración de pulseiras para a cativada de máis de seis anos. 

Logo houbo quen aprendeu a facer bolachas e zumes do máis biosaudables, cortar cecina e mesmo elaborar portalápices de fieltro. 

A tarde deste domingo de Lázaro rematará con outros dous obradoiros: un para darlle un segundo uso aos tecidos desaproveitados da casa e outro de elaboración de xoiería textil.