FOTOGALERÍA | ... E que mellor para honrar ao viño do Val que cunha boa tenreira asada!

FOTOS: Iván Iglesias.
Mari Carmen Cid Morales, Asunción Rodríguez Zarraquiños, de Crego e Monaguillo; Guillermo Novoa Barreira, de Abanca, e Ernesto "Tito" Rodríguez Zarraquiños, da adega Crego e Monaguillo.
Perfecto Feijóo non dubidou en meterlle man á costela da vitela.
María José Rivero, fincando os dentes na tenreira.
A Isabel Losada tamén lle gustan os ósos.
Karlos Ibarrondo, cos coitelos, acompañado por parte da organización do evento.
José Luis Martín non quixo perder esta cita.
O músico e director do Conservatorio Profesional de Verín, Miguel Ángel Guerra, á esquerda, un dos protagonistas do "Trébede do viño".
Aspecto da malograda tenreira que acabou os seus días así.
Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e Eva Barrio, alcaldesa de Riós, nunha animada conversa.

Mentres a cultura enchía as paredes do santuario dos Remedios, outro espectáculo tiña lugar a carón das instalacións da vella hípica. Alí, o mestre cociñeiro Karlos Ibarrondo dáballe a volta cada media hora a unha tenreira de 218 kilos en canal que estaba a ser asada polo método vasco "Burduntzi", isto é, a fogo moi lento con carbón vexetal e sempre cun mínimo de doce horas ao lume. 

Foron moitos os que se achegaron a ver como avanzaba o asado e ata algúns tiveron a oportunidade de petiscar parte antes co resto dos comensais. 

Pouco antes das 14:30 horas, chámabase aos asistentes á porta de entrada da carpa habilitada para que fosen tomando asento e desen boa conta dun menú baseado en empanada, leituga e moita, moita e tenra carne de vitela. Previa ao café e á bica do val, música da Fuego Street Band, que tamén amenizou a sesión vermouth. 

Á hora de xantar a choiva respectou aos comensais, coma se dunha maldición divina se tratase cando o foco das actividades estaba dentro do santuario. 

Longa vida a unha "nova" romaría, a do Val do Viño, que malia a treboada de primeira hora da mañá e a pertinaz auga de despois, acabou sendo un éxito de convocatoria á hora do xantar