domingo. 19.07.2026
Verín

FOTOGALERÍA | A comarca berra contra o lume coa terra aínda quente

Medio millar de persoas uníronse este xoves en Verín para mostrar o seu rexeitamento á vaga de incendios que asolou a comarca durante as últimas semanas. A mobilización, convocada pola CIG, enmárcase nunha serie de manifestacións por toda Galicia co lema "un monte galego con futuro".

A decisión de convocar estas protestas non só se debe á gravidade dos lumes, senón tamén a supostas incoherencias na xestión da súa extinción. Segundo denuncian algúns sindicatos e partidos políticos, retiraronse medios no medio da vaga de incendios e houbo equipos da Xunta parados que non se puideron empregar por falta de persoal.

Baixo lemas como "Se queimades o rural, imos ata a capital", "Con este goberno estamos no inferno" e o xa coñecido "Nunca máis", os e as manifestantes clamaron pola necesidade de medidas urxentes e un cambio radical nas políticas ambientais, agrogandeiras e forestais. Durante a lectura do manifesto, Rosa Rivas, bombeira forestal no distrito XIV, e Lucas Pardo, voluntario nos incendios, destacaron as principais demandas, entre elas:

  • Creación dun único servizo público dependente da Xunta para a prevención e extinción de incendios durante todo o ano, evitando a privatización.

  • Declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia civil das áreas queimadas.

  • Creación inmediata de comisións de traballo conxuntas entre a administración, titulares de montes, representantes sindicais e organizacións agrarias e ambientais para xerar proxectos de recuperación e posta en valor do monte.

  • Suspensión da temporada de caza e pesca nas zonas afectadas e veciñas para permitir a rexeneración dos ecosistemas.

  • Implementación de medidas que contribúan a fixar poboación no rural.

Denuncian que a Xunta de Galicia siga entregando o monte galego como obxecto de especulación e como chan barato para as multinacionais enerxéticas, mineiras e forestais na procura do seu lucro privado. Reclaman que non se aproveite a situación para favorecer os intereses destes lobbies, e esixen unha moratoria indefinida para a plantación de eucaliptos e outras especies pirófilas, dando alternativas e figuras de protección ambiental.

A cidadanía congregada fronte ao Concello de Verín fixo unha chamada á acción para que as administracións tomen medidas efectivas e coordinadas que garantan a prevención e a protección do patrimonio natural galego.

Pancartas durante a manifestación contra a xestión dos lumes celebrada este xoves 21 de agosto en Verín.
1 / 21

FOTOS | Ana Queimadelos.

13
2 / 21
14
3 / 21
16
4 / 21
17
5 / 21
1
6 / 21
2
7 / 21
3
8 / 21
4
9 / 21
5
10 / 21
6
11 / 21
7
12 / 21
8
13 / 21
9
14 / 21
10
15 / 21
11
16 / 21
12
17 / 21
Manifestación Lumes nunca máis verín, concentración (1)
18 / 21
Manifestación Lumes nunca máis verín, concentración (2)
19 / 21
Manifestación Lumes nunca máis verín, concentración (3)
20 / 21
Manifestación Lumes nunca máis verín, concentración (4)
21 / 21
Comentarios
FOTOGALERÍA | A comarca berra contra o lume coa terra aínda quente