Os colexios da comarca de Verín-Monterrei e dos municipios da Gudiña e da Mezquita participaban este venres na primeira “Xornada escolar de loita contra o lume”, organizada pola Consellería do Medio Rural e Diario do Támega, coa colaboración do Concello de Verín, Cabreiroá e Hortoverín.
A xornada comezou no Auditorio de Verín cunha charla formativa impartida por axentes medioambientais e técnicos do Distrito Forestal XIV Verín-Viana, na que tamén participaron o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o xefe do Dispositivo de Investigación de Incendios da Garda Civil de Verín, Roberto Quintairos. Nela, o alumnado aprendeu conceptos clave sobre os incendios forestais, como actuar en caso de detectalos, e cales son os riscos e consecuencias que implican tanto para o medio ambiente como para a economía.
O obxectivo da iniciativa é concienciar dende a infancia sobre a importancia da prevención dos lumes e dar a coñecer os dispositivos e profesionais que traballan na súa extinción. A aprendizaxe completouse coa visita á base aérea transfronteiriza Oímbra-Verín, onde os escolares descubriron os medios aéreos de extinción e participaron en obradoiros prácticos.
Rubén Riós, que conduciu a gala, con Xosé Lois Colmenero, director deste xornal. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Entre os asistentes estaba o alcalde de Laza, Ramón Barreal, na imaxe con Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa de Monte.
Todos os asistentes recibiron un olivo á súa saída.
A rexedora de Oímbra, cun mestre do CEIP do seu concello.
Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra.
O deputado autonómico Víctor Baladrón, co delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo e Luciano Rivero.
O alcalde de Cualedro, Luciano Rivero Cuquejo.
Cristina Campero, concelleira de Deportes de Xinzo, posando co seu olivo.
Roberto Quintarios, un dos relatores, recibe a súa árbore de mans de María Dosantos.
Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, que tamén levou o seu olivo cara Ortigueira.
O xefe do Dispositivo de Investigación de Incendios da Garda Civil de Verín, Roberto Quintairos.
Manuel Higinio Alfonso, axente do Distrito Forestal XIV Verín-Viana.
José Manuel Pérez, técnico do Distrito Forestal XIV Verín-Viana.
Manuel Pardo, delegado de Xunta en Ourense.
Manuel Rodríguez, director xeral da Defensa do Monte da Xunta de Galicia, falou das "cicatrices" que deixa un lume.
Rubén Riós foi o condutor da breve gala no auditorio verinense.
Cristina Campero, antes de ser deputada autonómica, foi axente forestal do Distrito Verín-Viana.
Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín.
Rafael Pérez, Diego Lourenzo, Samanta Barreira e Rubén Riós.
Roberto Lorenzo, o xefe de prensa da Delegación da Xunta en Ourense, con Iván Piñeiro, xornalista na Consellería de Medio Rural.
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Rafael Pérez, alcalde da Mezquita.
Samanta Barreira, concelleira de Cultura no Concello de Verín, con Diego Lourenzo.
