viernes. 19.04.2024
Verín

FOTOGALERÍA | Alumnado do Taboada Chivite participa nun roteiro de lendas, patrimonio e coidado do medio ambiente

Ista fin de semana, alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO do IES Xesús Taboada Chivite realizaba unha andaina percorrendo sitios emblemáticos da vila de Verín. Un roteiro que os levou a visitar o manancial de Cabreiroá, a capela do Santo Antón e o manancial de Sousas. 

A xornada de ocio educativo englobaba varias actividades deseñadas polo alumnado de segundo de Bacharelato do mesmo centro, no marco da asignatura de Literatura galega do século XX. Un roteiro literario que facía repaso da mitoloxía galega  ó tempo que realizaban unha recollida de lixo polo camiño co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de traballar por un medio ambiente sostible.

Entre os xogos ideados, houbo actividades relacionadas coa mitoloxía galega: A deusa Coventina, deusa celta das augas, a Virxe do Leite ou as Tres Marías, lenda que fala da visión de tres mulleres vestidas de branco que se aparecen no cuarto da persoa moribunda a mesma noite que vai morrer.

Unha xornada que serviu para pór en práctica varios dos proxectos que teñen en marcha no centro de estudos. Por unha banda, a Sostibilidade; pola outra, Edu-saúde, ó facer unha actividade física que percorreu paraxes naturais. O roteiro feito polo alumnado do IES Xesús Taboada Chivite foise marcando dentro da aplicación Relive, co obxectivo de poder divulgar a riqueza patrimonial: natural e cultural da vila de Verín.

20230428_IESTaboadaChivite_Andaina literaria (3)
1 / 5

Actividade de ocio educativo do alumnado do IES Xesús Taboada Chivite. | FOTOS: IES Xesús Taboada Chivite.

20230428_IESTaboadaChivite_Andaina literaria (1)
2 / 5
20230428_IESTaboadaChivite_Andaina literaria (5)
3 / 5
20230428_IESTaboadaChivite_Andaina literaria (4)
4 / 5
20230428_IESTaboadaChivite_Andaina literaria (2)
5 / 5
FOTOGALERÍA | Alumnado do Taboada Chivite participa nun roteiro de lendas, patrimonio e...