Pouco despois das 15:30 horas -hora local-, quedaba inaugurada a vixésimo segunda edición da Feira do Folar de Valpaços (Portugal), un evento gastronómico que ten como produto estrela, o folar, unha sorte de pan de molde recheo de produtos do fumeiro local.
Á cerimonia de inauguración asistiu António Cunha, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, que en todo momento estivo acompañado polo presidente da Câmara Municipal de Valpaços, Amílcar Almeida.
Toa a fin de semana estará aberto o certame, no recinto do pavillón multiusos da localidade lusa. As portas abriranse ás 10:00 horas -hora local- e pecharán, o sábado xa na madrugada do domingo -2:00 horas-, e o últimos dos días ás 20:00 horas. Durante as dúas xornadas terán lugar xornadas gastronómicas e actuacións musicais de grupos folclóricos e tamén musicais.

FOTOS: Cátia Portela


António Cunha, presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, acompañado polo presidente da Câmara Municipal de Valpaços, Amílcar Almeida.



O folar é o produto estrela da feira de Valpaços.























