FOTOGALERÍA | Éxito de participación de expositores na Feira do Lázaro de Verín

FOTOS: Noelia Caseiro.
A furgoneta camperizada de Multimarca Martínez foi unha das máis visitadas.
Autoridades locais, comarcais; concelleiros da Corporación verinense e o presidente da D.O., brindando cun Monterrei.
Jonatás Gago, presidente da D.O. Monterrei.
A voceira do Partido Popular de Verín no Concello, Lara Da Silva.
Diego Lourenzo, con Lara Da Silva e Ana María Villarino Pardo, alcaldesa de Oímbra.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Cándida Couñago.
cr
cr
A doutora Carmen Sola, coas concelleiras Samanta Barreira, Cándida Couñago e Rosario Rodríguez.
En primeira liña, o concelleiro e doutor José Luis Martín.
A banda de gaitas municipal de Verín amenizou a mañá inaugural da Feira.
Rosario Rodríguez, concelleira de Servizos Sociais en Verín, co seu compañeiro no grupo de Goberno, Manuel Lorenzo.
O Torneo de Natación de Escolas Deportivas desenrolouse na piscina climatizada verinense.

Ata 66 establecementos quixeron, nesta edición, estar presentes nunha nova edición da Feira do Lázaro que esta fin de semana manterá animadas as rúas da vila de Verín. 

O certame arrincaba este sábado, pouco despois das 11:00 horas, coa visita das autoridades locais e comarcais, que se converteron nos primeiros visitantes dun recinto feiral sen a buvette promocional das augas e o demandado, pero caro, túnel do viño da D.O. Monterrei. 

Así, con máis espazo dispoñible, o pavillón polideportivo quedou convertido nun grande centro comercial con notable presenza lusa e onde os obxectos feitos a man terán, na fin de semana, un gran protagonismo.

Non faltaron, nesta xornada sabatina, os obradoiros, as experiencias sensoriais, as competicións deportivas e ata a ampla exposición de vehículos novos e de ocasión, que presidía a rúa Irmáns Moreno de Verín. 

Velaquí unha pequena e primeira escolma da xornada inaugural da feira do Lázaro.