Xoves. 28.03.2024
Verín

NOTICIAS VERÍN | O PSdeG presenta aos candidatos da comarca, con Oímbra, Cualedro, Monterrei e A Gudiña aínda por decidir

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de presentar as súas candidaturas na comarca de Verín para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2023, nun gran acto celebrado no restaurante Brasil de Verín. Os alcaldes de Verín e Castrelo do Val e os candidatos e candidatas ás alcaldías de A Mezquita, Laza, Vilardevós, Oímbra e Riós participaron neste encontro no que estiveron arroupados polo secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e por outros cargos institucionais do partido, así como por numerosos militantes chegados de toda a comarca.

 

O “poder municipal socialista” representa “o avance e o progreso que a provincia de Ourense tanto precisa e que xa vemos en concellos como Verín ou Castrelo do Val, exemplos do bo facer que debe estenderse ao resto de municipios da bisbarra”, afirmaron dende o PSOE, a vez que tamén apuntaron que é “por iso que en maio temos a oportunidade de facer cambiar a realidade nesta provincia que está en mans dun baltarismo rancio e caciquil”.

 

Dende o PSdeG-PSOE destacaron que o obxectivo é “mellorar os resultados electorais na comarca e ampliar o número de alcaldías actuais”. Os e as socialistas tamén apuntaron que a comarca “precisa de gobernos socialistas que miren polas persoas e que aposten por políticas efectivas para rematar coa crise demográfica e que reforcen os servizos sociais”. Puxeron o foco no hospital comarcal de Verín e na loita da cidadanía para evitar o peche do paridoiro e sinalaron que este “é o exemplo das políticas de desmantelamento, recortes e precarización que o PP está a levar a cabo na nosa provincia”.

 

Repiten como candidatos os actuais alcaldes de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e Castrelo do Val, Vicente Gómez García, tamén volven a presentarse os actuais voceiros de Riós, Daniel Caneiro Villarino, e de Vilardevós. Os socialistas presentan novos candidatos en Laza, Juan Ramón Álvarez Álvarez, e na Mezquita, Guillermo Tomás Vizcaíno. En vindeiras datas anunciaranse os candidatos para os municipios de Oímbra, A Gudiña, Cualedro e Monterrei.

 

O candidato á alcaldía do Riós, Daniel Caneiro Villarino, apuntou que se presenta a estas eleccións para “tentar enderezar a situación nun concello no que o Partido Popular levou a ruína as arcas municipais nos últimos 4 anos, sometendo as contas a un plan de saneamento durante os vindeiros 11 anos”. Destacou que as iniciativas que levarán a cabo están centradas “na loita contra o despoboamento, a axuda a natalidade e apostar polos recursos naturais como a castaña, as setas ou o mel”. Caneiro Villarino tamén puxo o foco na “necesidade de realizar un mantemento e humanización das rúas e estradas, que presentan un estado penoso” e afirma por último que “vamos a cambiar a faciana deste concello e poñelo no século XXI”.

 

Pola súa banda, o candidato socialista na Mezquita, Guillermo Tomás Vizcaíno, sinalou que “conseguimos unha candidatura ilusionada e con ganas de traballar por este concello e agardamos acadar a confianza maioritaria das nosas veciñas e veciños para desenvolver o noso proxecto socialista”. Tamén apuntou que “temos experiencia de goberno, como xa demostramos noutras lexislaturas, moi frutíferas para este concello”.

 

O candidato do PSdeG-PSOE en Laza, Juan Ramón Álvarez Álvarez, fixo fincapé en que se presenta as eleccións por un motivo principal que é “loitar contra o despoboamento e a sangría demográfica que provocou que Laza perdese en 22 anos case un 50% de poboación, pasando das 2027 persoas censadas no 2000, ás 1205 en 2022”. Destacou tamén que “visitamos os núcleos de poboación nestas últimas semanas para coñecer de primeira man os problemas cos que a veciñanza loita tódolos días e estamos traballando nun programa que se adapte ás necesidades reais da nosa xente”.

 

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, aproveitou a súa intervención para afirmar que as cifras indican que o socialismo vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas sólidas, fortes e gañadoras coma as que encabezan os alcaldes, alcaldesas e candidatos e candidatas de Verín. “Da man do PSdeG-PSOE hai futuro para Ourense, e hai futuro para a bisbarra de Verín e os seus concellos”, asegurou Villarino.

 

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso,  apuntou durante a súa intervención que “non vamos a admitir mais que o caciquismo siga imperando na provincia de Ourense” e chamou a pelexar pola liberdade, pola igualdade e os dereitos que teñen os cidadáns viva onde vivan e voten a quen voten, porque “non é de recibo que un concello de 2.000 habitantes de Ourense acade o 5% do que ten un concello de 2.000 habitantes da Coruña ou Pontevedra”.

psoe brasil-60
1 / 47

A deputada en Cortes Uxía Tizón. | FOTO: Anabel G. Simón.

psoe brasil-59
2 / 47
psoe brasil-58
3 / 47
psoe brasil-56
4 / 47
psoe brasil-55
5 / 47

Miguel Bautista, senador socialista por Ourense.

psoe brasil-54
6 / 47

Daniel Caneiro, candidato do PSdeG ao Concello de Riós.

psoe brasil-53
7 / 47
psoe brasil-52
8 / 47

O deputado Adolfo Pérez Abellás.

psoe brasil-50
9 / 47
psoe brasil-49
10 / 47

Juan Álvarez, cabeza de lista do PSdeG ao Concello de Laza.

psoe brasil-47
11 / 47
psoe brasil-45
12 / 47
psoe brasil-42
13 / 47
psoe brasil-40
14 / 47
psoe brasil-39
15 / 47
psoe brasil-38
16 / 47

Guillermo Tomás Vizcaíno, candidato á alcaldía da Mezquita.

psoe brasil-37
17 / 47
Daniel Caneiro, en el acto de presentación de las candidaturas del PSdeG en la comarca. | FOTO: Anabel García Simón.
18 / 47
psoe brasil-33
19 / 47
psoe brasil-32
20 / 47

O alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez.

psoe brasil-31
21 / 47

A deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega.

psoe brasil-30
22 / 47
psoe brasil-29
23 / 47
psoe brasil-28
24 / 47

Valentín González Formoso, secretario xeral dos socialistas galegos, e Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial.

psoe brasil-27
25 / 47
psoe brasil-25
26 / 47

Rosario Rodríguez, secretaria local do PSdeG e segunda tenente de alcalde do Concello de Verín.

psoe brasil-24
27 / 47
psoe brasil-23
28 / 47
psoe brasil-22
29 / 47
psoe brasil-21
30 / 47

Gerardo Seoane, alcalde de Verín, a carón de Valentín González.

psoe brasil-20
31 / 47
psoe brasil-19
32 / 47
psoe brasil-18
33 / 47
psoe brasil-17
34 / 47
psoe brasil-16
35 / 47

O secretario provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino.

psoe brasil-15
36 / 47
psoe brasil-14
37 / 47
psoe brasil-10
38 / 47
psoe brasil-09
39 / 47
psoe brasil-08
40 / 47
psoe brasil-06
41 / 47
psoe brasil-03
42 / 47

Marina Vaz, secretaria comarcal do PSdeG.

Marina Vaz. | FOTO: Anabel G. Simón.
43 / 47
psoe brasil-01
44 / 47
caballero
45 / 47

O exsecretario dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, tamén se deixou ver na cea.

20230311_212302 (FILEminimizer)
46 / 47

O acto de proclamación de candidatos tivo lugar no Restaurante Brasil. | FOTO: PSdeG.

Os candidatos, cos secretarios xeral e provincial, e varios deputados socialistas. | FOTO: PSdeG.
47 / 47

FOTO: PSdeG.

Comentarios
NOTICIAS VERÍN | O PSdeG presenta aos candidatos da comarca, con Oímbra, Cualedro,...