No Centro de Día para maiores de Verín, Raiola, viviuse outra tarde, coma case todas, distinta á anterior. Parte dos seus usuarios saíron á rúa a festexar un pequeno magosto aproveitando que a choiva deixou paso a un escaso sol, pero suficiente para poder facer un "lumiño" onde asar uns kilos de castañas. Estaban, din, exquisitas. A experiencia e a sabedoría dos maiores así o fixeron posible.
1
/
8
Antes de botalas ao tixolo, hai que "mordelas".
2
/
8
Dous dos usuarios do centro de día achegan as castañas ao lume.
3
/
8
Non faltaron voluntarios para botarlle leña á fogata neste San Martiño.
4
/
8
Tocaba agardar a que as castañas estivesen listas para comer.
5
/
8
Nieves, unha das xerocultoras, amósalle o tixolo a Silvina.
6
/
8
A xulgar pola imaxe, xa quedaba menos para que estivesen listas.
7
/
8
Non hai magosto que se precie no que non se coloque algunha verza no tixolo.
8
/
8