miércoles. 09.10.2024
Sociedade

GALERÍA | Unha troita de case tres kilos en Queizás

Aarón Rodríguez é destes mozos, polo que conta, que non deixan unha presa ata que a captura. Ben é certo que a troita de onte, pouco antes das nove da tarde, non era a que a semana pasada lle rachou unha das súas cañas de pescar. Aquela, segundo di, "chegaba aos catro kilos, nun pequeno memeo que deu loitando, rachoume a caña".

 

Non volveu só por ela. Aarón é un xoven de Queizás que levan pescando desde os oito anos -ten arestora 24-. O tempo libre que ten, agardando que reciba de novo a chamada do seu anterior empleador, emprégao, case todo, en ir a pescar. Coñece cada recuncho do Támega, sobre todo entre o treito de Queizás a Oímbra. Nese lugar fíxose onte co exemplar da imaxe, case tres kilos -faltaban uns gramos- e 60 centímetros de longa

Con todo, ten unha débeda pendente. "A que me rachou a caña aínda está alí".

Verín-troita-Queizás
1 / 5

Aarón Rodríguez Pousada, co exemplar capturado onte.

Verín-troita-Queizás
2 / 5
WhatsApp Image 2021-05-05 at 10.18.23
3 / 5
Verín-troita-Queizás
4 / 5
Verín-troita-Queizás
5 / 5
Comentarios
GALERÍA | Unha troita de case tres kilos en Queizás