martes 27/07/21
Sociedade

GALERÍA | O primeiro mes dos cativos de Verín na Ludoteca e Campamento Urbano

A chegada do verán trae consigo a organización de ludotecas e campamentos de verán, iniciativas coas que se consegue que os nenos non perdan contacto social con outros e que permiten unha mellor conciliación familiar.

Así, no concello de Verín, están anotados 125 nenos e nenas aillados en 6 grupos burbulla, que á súa vez están subdivididos en equipos de 10 segundo a súa idade. Con iso conseguen que, por exemplo, o equipo dos ‘Fresis’ estea perfectamente separado dos ‘Plátanos’, cumprindo estritamente coas medidas de seguridade anticovid.

Cada ano xorden novas ideas para entreter aos cativos e este ano, como actividades novidosas, destacan o seu particular Camiño de Santiago, un festival de rock ou o concurso Minimundo, unha manualidade coa que fomentan o tempo de calidade coas súas familias. Os algo máis dun centenar de nenos van compartir este tempo xuntos ata o vindeiro 7 de setembro.

comentarios
GALERÍA | O primeiro mes dos cativos de Verín na Ludoteca e Campamento Urbano