domingo. 19.07.2026
Sociedade

FOTOGALERÍA | Así se conmemora o 8M na comarca

A nosa comarca celebrou o Día Internacional da Muller con diferentes actos institucionais e iniciativas reivindicativas nos distintos pconcellos, nos que se puxo en valor o papel das mulleres na sociedade e a necesidade de seguir avanzando cara á igualdade real.

En Verín, a Praza do Concello acolleu un acto institucional organizado polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín, coa colaboración de entidades sociais da comarca. A xornada incluíu unha concentración aberta á veciñanza e a lectura dun manifesto reivindicativo, nun encontro pensado como espazo de reflexión e compromiso coa igualdade entre mulleres e homes. 

No concello da Mezquita, a programación do 8M incluíu tamén un acto simbólico coa lectura do manifesto institucional, no que se reivindicou a igualdade de dereitos e oportunidades e se lembrou a importancia de continuar traballando contra as desigualdades e a violencia machista.

En Viana do Bolo, a conmemoración centrouse na presentación dunha exposición vinculada ao mural dedicado ás mulleres, no que se recollen imaxes e referencias femininas como símbolo de recoñecemento e visibilidade. 

Pola súa banda, en Vilardevós, o CDR Portas Abertas impulsou unha iniciativa participativa a través do programa de igualdade DELAS, coa realización dun mural conmemorativo polo Día Internacional da Muller. A actividade contou coa colaboración da comunidade educativa e social do municipio, entre eles o CEIP Rodolfo Núñez, a Casa Niño Lala, a Casa Niño Garabatos e o Centro Residencial e Centro de Día de Vilardevós.

Os diferentes actos celebrados ao longo da comarca volveron demostrar o compromiso das institucións, entidades e veciñanza coa reivindicación dos dereitos das mulleres e coa construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

 

IMG_3505
1 / 21

Concentración polo 8M en Verín. | FOTOS: Concello de Verín.

IMG_3500
2 / 21
IMG_3501
3 / 21
IMG_3502
4 / 21
IMG_3509
5 / 21
IMG_3508
6 / 21
IMG_3513
7 / 21

FOTOS: PP de Verín.

IMG_3514
8 / 21
IMG_3515
9 / 21
IMG_3512
10 / 21
IMG_3537
11 / 21

Lectura do Manifesto na Mezquita. | FOTOS: Concello da Mezquita.

IMG_3538
12 / 21
IMG_3539
13 / 21
IMG_3540
14 / 21
IMG_3541
15 / 21
IMG_3542
16 / 21

Así foi a xornada en Viana. | FOTOS: Concello Viana do Bolo.

IMG_3544
17 / 21
IMG_3543
18 / 21
IMG_3545
19 / 21
IMG_3510
20 / 21

En Vilardevós, exposición dun mural polo 8M . | FOTOS: CDR Portas Abertas.

IMG_3511
21 / 21
Comentarios
FOTOGALERÍA | Así se conmemora o 8M na comarca