venres 27/05/22
Riós

Riós inaugurará o seu centro de día este mércores

Ás 13:30 horas deste mércores 30 de marzo de 2022 está previsto a inauguración do centro de día de Riós, ubicado no barrio da Telleira. Será o derradeiro acto público de Francisco Armando Veiga Romero coma rexedor municipal -a súa renuncia está programada para o vindeiro 23 de abril-. 

A nova instalación local, que tivo un custe de case 530.000 euros, está autorizada para un máximo de 30 usuarios e entrará en funcionamento nos vindeiros días, cando se completen todos os cadros de persoal precisos para a súa apertura. 

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Deputación de Ourense aportaron máis do 80 por cento da financiación prevista para a obra. Ao Concello de Riós correspondeulle un 19 por cento desa aportación, uns 78.000 euros

O edificio dispón dunha superficie superior aos 500 metros cadrados. O centro contará con diferentes espacios moi luminosos, como é unha sala de rehabilitación, outra de usos polivalentes, unha destinada á atención dos futuros usuarios, zona de comedor e cociña e todas as dependencias comúns a este tipo de servizos. 

Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
1 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
2 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
3 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
4 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
5 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
6 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
7 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
8 / 9
Centro de día de Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
9 / 9
comentarios
Riós inaugurará o seu centro de día este mércores