sábado. 27.04.2024
Riós

FOTOS | Welcome to Castrelo de Cima: Supera a Vigo en LEDs per cápita!

A aldea de Castrelo de Cima atópase na Ribeira do Riós. Trátase dunha localidade de arredor de 70 habitantes que conta cunha unida comunidade de veciños que decoran entre todos, con materiais de refugallo e luces LED, a zona da casa do pobo e a igrexa. Unha tradición que ten só tres anos pero que semella manterase no tempo debido ao compromiso da veciñanza.

 

Tanta luz LED nun núcleo de poboación tan pequeno fixo que nos dera por facer un sinxelo cálculo. Podería ser Castrelo de Cima un competidor da luminosa cidade de Vigo?

Imos ver, o Concello de Vigo conta cunha poboación de case 300.000 habitantes e Castrelo de Cima ten, como diciamos, arredor de 70 veciños. Se a iluminación de Vigo ten 11 millóns de luces LED tocan a 36,6 luces por habitante. Porén, os veciños de Castrelo calculan unha cantidade de entre 10.000 a 15.000 puntos de luz que, tirando polo baixo, daría un total de 142,8 luces por veciño!

A conta está clara! E que o alumeado de Castrelo de Cima é fermoso, tamén. 

1 / 32

2 / 32

3 / 32

4 / 32

5 / 32

6 / 32

7 / 32

8 / 32

9 / 32

10 / 32

11 / 32

12 / 32

13 / 32

14 / 32

15 / 32

16 / 32

17 / 32

18 / 32

19 / 32

20 / 32

21 / 32

22 / 32

23 / 32

24 / 32

25 / 32

26 / 32

27 / 32

28 / 32

29 / 32

30 / 32

31 / 32

32 / 32

Comentarios
FOTOS | Welcome to Castrelo de Cima: Supera a Vigo en LEDs per cápita!