A maxia do Nadal viviuse intensamente en Oímbra este 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos, que percorreron durante a mañá diferentes aldeas e centros do concello levando alegría, ilusión e moitos sorrisos.
Melchor, Gaspar e Baltasar comezaron a súa ruta por Videferre, Espiño, Bousés, Casas dos Montes, A Granxa e as Chás, onde foron recibidos con entusiasmo polos veciños e veciñas. A continuación, achegáronse ao Centro de Día de Oímbra, compartindo un momento moi especial coas persoas usuarias, cheo de agarimo e emoción, seguindo o seu percorrido cara Rabal e Terrón.
A visita continuou na Escola Infantil, onde a cativada puido saudar aos Reis e vivir de preto un dos momentos máis esperados do ano, deixando tras de si ilusión, bos desexos e a esencia da tradición.
Xa pola tarde, e logo da visita a San Cibrao e ao Rosal, a celebración trasladouse ao Pavillón Municipal de Oímbra, onde os Reis Magos recibiron á cativada para facer entrega dos agasallos e de caramelos para todos. Un encontro cheo de nervios, sorrisos e miradas brillantes que puxo o broche de ouro a unha xornada inesquecible.
Un ano máis, Oímbra demostrou que a maxia dos Reis Magos segue moi viva, grazas á participación da veciñanza e ao compromiso por manter unha tradición que une a todas as xeracións.
Os Reis Magos de Oriente tamén se achegaron ao centro de día de maiores. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Pouco antes de repor forza cun xantar na estación de servizo de Oímbra, a comitiva real achegouse ata Rabal.
As visitas ao Centro de Día e á Escola Infantil foron das máis emocionantes da mañá.
Velaquí, chegando á Galiña Azul olimbriguense.
Os cativos da escola infantil non saíron á rúa: viron ás SS.MM. dende o interior das instalacións.
Os Reis, ca cativada de Bousés.
A media mañá, Baltasar, Melchor e Gaspar tomaron un café ben quente nas Casas dos Montes.
Chegada das SS.MM. á localidade de San Cibrao, xa pola tarde, logo do xantar.
Visita ás Chás. | FOTOS: Cedidas.
Visita á Granxa.
A comitiva real, no Rosal.
Pola tarde, os Reis chegaron ao Pavillón para agasallar a toda a cativada de Oímbra. | FOTOS: Anabel G. Simón.
A rexedora, Ana María Villarino Pardo, pasando lista a cada un dos cativos e as cativas de Oímbra, para que non quedaran sen o seu presente.
Nada mellor que un chocolate ben quentiño para combatir esta fría tarde do 5 de xaneiro.
