miércoles. 09.10.2024
Oímbra

Rueda augura en Ladairo sete millóns de kilos de uva certificada nesta vendima da D.O.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou este sábado, nunha visita ás viñas e instalacións de Bodegas Ladairo, as boas previsións de recollida da uva deste ano, o que fai prever unha vendima de récord en Denominacións de Orixe (D.O.) como a de Monterrei, onde se estima recoller máis de 7 millóns de kilos de uva, o que suporía acadar esta cifra por primeira vez na historia.

 

Así o salientou nunha visita ás Bodegas Ladairo, en Oímbra, na que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Tras realizar un percorrido polos viñedos, puxo en valor os máis de 500.000 quilos de uvas recollidos ata o de agora na D.O. á que pertence esta adega e destacou o bo estado no que se atopan as vides.

 

Rueda recordou a alta calidade do viño que se produce en Galicia e sinalou que o sector do enoturismo "ten que medrar máis". Así mesmo, salientou a importancia das empresas familiares no sector vitivinícola galego, como é o caso das Bodegas Ladairo, que exemplifican "todo o bo que está sendo o sector vitivinícola en Galicia".

 

O presidente da Xunta de Galicia estivo acompañado da titular da Consellería de Medio Rural, María José Gómez; do delegado do Goberno autonómico en Ourense, Manuel Pardo; do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, así como das alcaldesas de Oímbra e Riós, Ana María Villarino Pardo e Eva Barrio, respectivamente; e os deputados autonómicos Miguel Ángel Viso, Juan Manuel Casares e o verinense Víctor Baladrón.

459901217_530655832973794_6740605985329480248_n
1 / 15

Ana María Villarino Pardo, a rexedora de Oímbra, dirixíndose ao público. | FOTO: Eva Barrio.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.42 (3)
2 / 15

Alfonso Rueda obsequiou a Víctor López coa súa chaqueta. | FOTOS: Xosé Lois Colmenero.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.42 (4)
3 / 15

Ana María Villarino, Alfonso Rueda, Eva Barrio, María José Gómez e Manuel Pardo.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.43 (5)
4 / 15
WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.43 (6)
5 / 15

No brinde, así como na visita, tamén estivo presente o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.43 (7)
6 / 15

Víctor López, xerente de Adegas Ladairo, servindo viño.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.43 (8)
7 / 15

Menor, Gómez, Rueda e Villarino, recorrendo a adega do Rosal.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.43 (9)
8 / 15
WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.44 (5)
9 / 15
WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.44 (6)
10 / 15
WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.44 (7)
11 / 15
WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.44 (8)
12 / 15

O deputado autonómico e expresidente dunha D.O., Miguel Ángel Viso, comprobando, co presidente da Xunta, o estado dunha uva branca.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.44 (4)
13 / 15
WhatsApp Image 2024-09-14 at 21.02.44 (3)
14 / 15
Luis Menor, presidente da Deputación, observa como vendima Alfonso Rueda Valenzuela.
15 / 15

Luis Menor, presidente da Deputación, observa como vendima Alfonso Rueda Valenzuela.

Comentarios
Rueda augura en Ladairo sete millóns de kilos de uva certificada nesta vendima da D.O.