sábado. 12.10.2024
Oímbra

NOTICIAS VERÍN | A Garda Civil retira un posible artefacto incendiario no lume das Chas

Axentes da Garda Civil de Verín retiraron da estrada de Oímbra ás Chas o que podería tratarse dun artefacto incendiario que se atopaba na calzada, a carón da cuneta e a uns catrocentros metros de onde se orixinou o lume que vén de calcinar xa unhas 20 hectáreas, segundo o último parte da Consellería de Medio Rural

 

O lume de Oímbra comezou pasadas as catro e media da tarde e as lapas acabaron rodeando á capela de Santa Ana. A Garda Civil de Tráfico tivo que desaloxar o entorno da pequena igrexa, ateigada de curiosos que presenciaban, dende un lugar privilexiado, o avance do lume, sen valorar a perigosidade que supuña permanecer no lugar. 

Na extinción das lapas participaron un axente, cinco brigadas, tres autobombas, catro avións e cinco helicópteros.

WhatsApp Image 2022-08-14 at 7.38.15 PM
1 / 6

As lapas iniciáronse ás 16:35 horas, segundo informa Medio Rural.

WhatsApp Image 2022-08-14 at 7.38.14 PM
2 / 6

O posible artefacto incendiario localizado na estrada das Chas.

WhatsApp Image 2022-08-14 at 7.38.13 PM
3 / 6

Na extinción das lapas participaron un axente, cinco brigadas, tres autobombas, catro avións e cinco helicópteros.

WhatsApp Image 2022-08-14 at 7.38.12 PM
4 / 6

Segundo o último parte, van consumidas máis de 20 hectáreas.

WhatsApp Image 2022-08-14 at 7.38.11 PM (1)
5 / 6
WhatsApp Image 2022-08-14 at 7.38.11 PM
6 / 6
Comentarios
NOTICIAS VERÍN | A Garda Civil retira un posible artefacto incendiario no lume das Chas