viernes. 19.04.2024
Oímbra

SEMANA SANTA | Así se pena en Oímbra: descalzos e de xeonllos

Oímbra reviviu este xoves, as súas xa tradicionais conmemoracións da Semana Santa. Logo de que se recuperasen no 2013 -tras máis de 30 anos esquecidas-, a pandemia obrigou a suspender os actos relixiosos que a están a converter nunha cita obrigada neste tempo de Paixón. 

 

Sen dúbida, os momentos máis emotivos vívense o Xoves Santo, co Oficio das Tebras e a posterior procesión dos Penitentes. Cara as nove da noite, e na igrexa vella, comeza a liturxia na que se van apagando 12 das 13 candeas que alumean no tenebrario, unha sorte de candelabro triangular de madeira. Nel están acesas tantas candeas como apóstolos, que se van apagando logo de cada lectura lembrando aos discípulos de Cristo que se foron alonxando del e do seu verbo cando foi apresado polos xudíos. Só quedará acendida unha delas, a situado na cúspide, que simboliza a fe de María no seu fillo. 
 

Cando se apagan as candeas, a igrexa vella de Oímbra queda sumida nas tebras, completamente a escuras e óense ruídos que lembran ás treboadas do momento da morte de Xesucristo. 

Cando volve a luz comeza unha das procesións máis emotivas da provincia, a dos Penitentes. Neste 2022 era nove os ofrecidos, oito deles percorreron de xeonllos, descalzos, a catro patas e cunha coroa de loureiro case un kilómetro, a distancia que vai dende a igrexa até o cabildo pola calzada romana, ida e volta. 

Os outros tres ofrecidos portaban unha cruz e dúas escadas, pechando a comitiva dos penitentes, que levaban ao seu carón a un veciño ou veciña que portaba unha candea coa que indicarlle o camiño por onde tiñan que moverse. 

 

Unhas duascentas persoas participaron na conmemoración que levaba dous anos sen representarse. Acompañaron aos fregueses que se ofreceron voluntariamente coma penitentes para pedir un favor do Altísimo ou para amosarlle o seu agradecemento por telo conseguido. Aparentemente non debería de coñecerse a súa identidade, aínda que a algún lle chegaron a chamar polo nome na noite de onte. 

1 / 66

2 / 66

3 / 66

4 / 66

5 / 66

6 / 66

7 / 66

8 / 66

9 / 66

10 / 66

11 / 66

12 / 66

13 / 66

14 / 66

15 / 66

16 / 66

17 / 66

18 / 66

19 / 66

20 / 66

21 / 66

22 / 66

23 / 66

24 / 66

25 / 66

26 / 66

27 / 66

28 / 66

29 / 66

30 / 66

31 / 66

32 / 66

33 / 66

34 / 66

35 / 66

36 / 66

37 / 66

38 / 66

39 / 66

40 / 66

41 / 66

42 / 66

43 / 66

44 / 66

45 / 66

46 / 66

47 / 66

48 / 66

49 / 66

50 / 66

51 / 66

52 / 66

53 / 66

54 / 66

55 / 66

56 / 66

57 / 66

58 / 66

59 / 66

60 / 66

1CC985C4-C483-44F5-A3F5-23D1D4961C2E
61 / 66
FE67F8F1-1F5E-472B-A2BE-D2EEA1B99292
62 / 66
BF4650F6-12E1-4779-8775-7AA547A72F89
63 / 66
En Oímbra pudo verse este Jueves Santo la representación de Jesucristo con la cruz a cuestas camino del Calvario. | FOTO: Iván Iglesias.
64 / 66
En Oímbra pudo verse este Jueves Santo la representación de Jesucristo con la cruz a cuestas camino del Calvario. | FOTO: Iván Iglesias.
65 / 66
66 / 66

Comentarios
SEMANA SANTA | Así se pena en Oímbra: descalzos e de xeonllos