FOTOGALERÍA | Oímbra estrea a Capela de Santa Ana no día da patroa

Así loce o interior da capela trala súa restauración. | FOTOS: Anabel G. Simón.
A procesión chegaba á capela despois de 4 km de camiño.
Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra participou na procesión levando a imaxe.
Os fieis non dubidaron en posar coa nova imaxe da Santa Ana.
Santa Ana.
O veciños de Oímbra esperaban ó comezo da misa.
Ana Villarino con Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense.
Integrantes da Charanga Támega, que amenizaron a misa con música en directo.
Ana Villarino quixo adicar unhas palabras ós veciños antes de comezar a misa.
José Leonardo Lemos, obispo de Ourense, bendecía a capela.
Posteriormente o obispo bendecía tamén a imaxe da Santa Ana.
Os máis cativos do pobo tamén quixeron participar no acto.
Perfecta Losada, portavoz do BNG de Oímbra.
Momento de comulgar.
Os fieis saían de novo en procesión ata o cruceiro ó rematar a misa.
Ningún veciño do concello quixo perderse a romaría.

Este mércores 26 de xullo, Ana Villarino cumpría coa promesa que fixo aquel fatídico 14 de agosto de 2022 -tralo tráxico incendio que destruía a Capela da Santa Ana- e conseguía que os veciños de Oímbra festexaran a festa da súa patroa coma cada ano nunha xa totalmente restaurada e renovada capela.

O día comezaba ben temperán, ás 8:00 horas partía da Praza da Igrexa a procesión encargada de levar a nova imaxe da Santa Ana ata a capela. Pouco máis dunha hora despois, chegaban os fieis e daban pé o inicio dunha misa solemne conducida polo obispo de OurenseJosé Leonardo Lemos. Antes disto, Ana Villarino quixo dedicarlle unhas palabras a todos os veciños e veciñas e agradecerlle á Xunta de Galicia o seu apoio dende o primeiro día tralo incendio. 

Tralo remate da misa, partía de novo unha procesión na que tódolos asistentes, acompañados da música da Charanga Támega, seguían á Santa Ana ata o cruceiro da mesma para terminar levándoa de novo a capela.

Un día cargado de emocións para os veciños de Oímbra que por fin poñen punto e final á gran traxedia que case lles rouba a ilusión polo día da súa patroa. 

A celebración desta festa foi posible grazas ás actuacións de restauración que se levaron a cabo mediante un convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, no que a Xunta investiu preto de 140.000€.

As obras consistiron na reparación das estruturas e da cuberta da igrexa. Para iso, fixéronse traballos de carpintaría, albanelaría e cantaría co fin de recuperar a imaxe deste templo altomedieval incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

A capela que está localizada ao carón da Vía da Prata, foi construída para agradecer á santa que os veciños de Oímbra se salvasen da persecución dos exércitos portugueses. Ademais, tal e como se evidencia pola súa estrutura, crese que foi un eremitorio altomedieval.