viernes. 26.04.2024
Oímbra

FOTOGALERÍA | Oímbra ensina aos seus cativos os segredos da terra

Dirección, nais e pais e o propio Concello de Oímbra veñen de inaugurar, no centro escolar da localidade, o seu primeiro invernadoiro no que xa se ven algúns exemplares de cebolas, pementos ou tomates. É unha das máis atractivas iniciativas tanto do claustro coma da ANPA da institución académica que tomou forma nestes últimos días coa inestimable colaboración dos operarios municipais -encargados de fixar á terra a estrutura do invernadoiro-, do ferreiro Eloi Prada, responsable da edificación metálica, e das nais e pais, que xunto con mestres e cativos se encargaron de cubrir a instalación cun particular plástico: o das botellas recompiladas pola comunidade educativa e tamén doadas por Aguas de Cabreiroá

 

Dese esforzo común xurdiron as primeiras plantas, que pronto estarán listas para dar o seu froito. Nunha rápida visita xa se albiscan pementos, tomates, cebolas, berzas, leitugas e ata fresas, que xa están fóra. Tamén haberá, nuns días, romeiro ou albahaca. 

Susana Pérez, a presidenta da ANPA, amosouse "encantada" con esta iniciativa, "non só polo vistoso que nos quedou o invernadoiro, senón polo interese que espertou nos cativos, creo que é unha excelente fórmula para achegalos á terra e para que os nenos lle den o verdadeiro valor que ten o campo e o necesario que é para a nosa subsistencia como colectividade", dixo Pérez Rodríguez, sen deixar de destacar "o extraordinario traballo que fixeron todas as miñas compañeiras da asociación, que tamén se encargaron de engalanar a entrada e as zonas comúns da escola". 

Tamén a rexedora municipal, Ana María Villarino, louvou a idea: "Non me negará, preguntábase, que é un invernadoiro fabuloso, agora que xa temos a empresarios agrícolas que están a apostar por esta técnica para ter pementos todo o ano. Agradezo o esforzo da dirección do colexio e das nais e pais dos alumnos. Eu quero probar algunhas desas fresas", rematou. 

Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
1 / 10

Velaí o fabuloso invernadoiro construído polos cativos, nais e mestres do CEIP.

Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
2 / 10

Paredes e teito son dun plástico especial, o das botellas.

Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
3 / 10

Primeira plantas que agroman da terra.

Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
4 / 10
Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
5 / 10
Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
6 / 10

Algúns dos cativos regando.

Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
7 / 10
Invernadoiro do CEIP de Oímbra.
8 / 10
WhatsApp Image 2022-06-07 at 7.58.12 PM
9 / 10

Así loce a entrada principal do CEIP de Oímbra.

Xardineiras nun dos patios da escola de Oímbra.
10 / 10

Xardineiras nun dos patios da escola de Oímbra.

Comentarios
FOTOGALERÍA | Oímbra ensina aos seus cativos os segredos da terra