viernes. 26.04.2024
Oímbra

FOTOGALERÍA | Os programas de conciliación da Xunta benefician a 40 nenos de Oímbra

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou esta mañá a ós cativos do programa Oímbra Verán que organiza o Concello, co apoio da Xunta, para rapaces de 3 a 14 anos. A alcaldesa, Ana Villarino, acompañou a Lorenzana para que coñecese de primeira man as actividades nas que participan en torno a 40 nenos do municipio durante este verán.

 

O apoio a actividades deste tipo permite fomentar unha conciliación responsable, que supere "a visión de que é un asunto só de mulleres", sinalou Lorenzana. Desde o 2015, a Xunta destinou máis 50.000 euros para levar a cabo Oímbra Verán, dos cales 12.000 son deste ano. No conxunto da provincia contan con 28 programas de conciliación repartidos por 41 concellos, superando unha inversión de 450.000 euros.

 

En Oímbra, o programa ofrece actividades como clases de inglés, excursións, ximnasia ou bricolaxe.

 

FOTOS: Noelia Caseiro.

A conselleira de Emprego e Igualdade posou rodeada dos cativos que esta mañá participaron en Oímbra Verán. | FOTO: Noelia Caseiro.
1 / 10
2 / 10
3 / 10
4 / 10
5 / 10
6 / 10
7 / 10
8 / 10
9 / 10
10 / 10
Comentarios
FOTOGALERÍA | Os programas de conciliación da Xunta benefician a 40 nenos de Oímbra