O CEIP Plurilingüe de Oímbra celebrou o seu tradicional Festival de Nadal nunha mañá chea de maxia, ilusión e moita emoción. O pavillón do centro encheuse de familias, sorrisas e aplausos para gozar dun espectáculo no que o alumnado foi o gran protagonista.
Nenos e nenas de todas as etapas educativas subiron ao escenario para amosar o traballo realizado nas últimas semanas, ofrecendo actuacións cheas de ritmo, creatividade e espírito natalicio. Dende os máis pequenos ata o alumnado de primaria, cada grupo puxo o seu gran de area para facer desta xornada un momento inesquecible.
O festival contou cun programa moi variado:
-
5º e 6º de Educación Infantil: Soy una taza
-
4º de Educación Infantil: O pitiño amarelo
-
1º e 2º de Educación Primaria: Rock around the clock
-
3º e 4º de Educación Primaria: Soda Pop
-
5º e 6º de Educación Primaria: Quiero decirte
Ademais, un dos alumnos de 6º de Primaria sorprendeunos a todos adicándonos un par de cancións coa gaita.
Ao remate, os máis cativo e as súas familias poideron desfrutar dun delicioso chocolate con churros no comedor do centro, onde compartiron risas, anécdotas e momentos cos seus pais e os dos seus compañeiros.
O Pavillón do CEIP de Oímbra cheo para desfrutar do festival. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra, non quixo perderse a cita.
