FOTOGALERÍA | Un festival cheo de maxia e talento no CEIP Plurilingüe de Oímbra

O Pavillón do CEIP de Oímbra cheo para desfrutar do festival. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra, non quixo perderse a cita.
Ana, directora do centro e Susana, directora da ANPA xunto á alcaldesa, Ana Villarino.

O CEIP Plurilingüe de Oímbra celebrou o seu tradicional Festival de Nadal nunha mañá chea de maxia, ilusión e moita emoción. O pavillón do centro encheuse de familias, sorrisas e aplausos para gozar dun espectáculo no que o alumnado foi o gran protagonista.

Nenos e nenas de todas as etapas educativas subiron ao escenario para amosar o traballo realizado nas últimas semanas, ofrecendo actuacións cheas de ritmo, creatividade e espírito natalicio. Dende os máis pequenos ata o alumnado de primaria, cada grupo puxo o seu gran de area para facer desta xornada un momento inesquecible.

O festival contou cun programa moi variado:

  • 5º e 6º de Educación InfantilSoy una taza

  • 4º de Educación InfantilO pitiño amarelo

  • 1º e 2º de Educación PrimariaRock around the clock

  • 3º e 4º de Educación PrimariaSoda Pop

  • 5º e 6º de Educación PrimariaQuiero decirte

Ademais, un dos alumnos de 6º de Primaria sorprendeunos a todos adicándonos un par de cancións coa gaita.

Ao remate, os máis cativo e as súas familias poideron desfrutar dun delicioso chocolate con churros no comedor do centro, onde compartiron risas, anécdotas e momentos cos seus pais e os dos seus compañeiros.