A Feira do Pemento de Oímbra volveu á súa tradicional celebración, tras dous anos nos que non puido facerse con normalidade pola pandemia. Os desexos de degustar este exquisito produto palpábanse no ambiente e centos de persoas acercáronse á carballeira que hai ao carón do Concello de Oímbra para comelos ata fartar.
Cun tempo inmellorable, a feira cumpliu un cuarto de siglo, as súas vodas de prata, con quilos e quilos de pementos que se fritiron sen descanso durante todo o día para degustar, a diferenza doutros anos nos que se paraba antes do xantar. Para acompañalos, nada mellor que un viño da D.O. Monterrei, que tamén estivo presente cun posto propio.
A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, recoñeceu que esta edición supón tamén "un renacer da feira, da que todos tiñamos moitos desexos de que volvese e o ambiente así o demostra". Este ano ampliáronse os postos, ata preto dunha vintena, dado que no 2019 todo se quedou pequeno ante a gran participación.
Nesta 25 edición da Feira do Pemento de Oímbra tamén estiveron presentes Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense; César Fernandez e Luz Doporto, vicepresidente e deputada da Deputación de Ourense; alcaldes de concellos veciños como Gerardo Seoane, de Verín; Eva Barrio, de Riós; Manuel Cardoso, de Vilardevós; ou José María Lago, da Gudiña; en representación do Inorde participou Emma González, a súa xerente; ou Miguel Ángel Viso, senador do PP por Ourense, tampouco perdeu esta cita.
A feira contou cunha exposición de receitas feitas polos veciños na que o seu produto estrela era o pemento de Oímbra, entre as que houbo unha gran variedade de cores e presentacións que fixeron a boca auga dos asistentes. Ademais, a xornada estivo amenizada pola Banda de Bousés.
FOTOS: Noelia Caseiro.




A feira contou con pulpeiras para os asistentes.


A Banda de Bousés amenizou a xornada.







A D.O. Monterrei estivo presente cun posto no que se podían degustar viños.


































A exposición de pratos con pementos de Oímbra recolleu receitas dos veciños.





Ana María Villarino, César Fernández e Gabriel Alén, na exposición de pratos.







Manuel Cardoso, Miguel Ángel Viso e César Fernández probaron os pementos que Ana María Villarino lles ofreceu.

Gabriel Alén tamén degustou o produto máis ilustre de Oímbra.

Ana María Villarino ensinoulles ós presentes a mellor maneira de comer os pementos.







Gerardo Seoane, Emma González e José Luis Martín.





Ana María Villarino acompañou ó actor Rubén Riós, que tamén se deixou ver pola feira.




Rubén Riós quixo coñecer o secreto do éxito do pemento de Oímbra.



As autoridades presentes na feira posaron co protagonista da xornada, o pemento de Oímbra.
