domingo. 19.07.2026
Oímbra

Expertos de Galicia e Portugal debaten en Ladairo o potencial da bioeconomía no rural galego | NOTICIAS VERÍN

Bodegas Ladairo, en Oímbra, foi escenario este mércores dunha visita institucional encabezada polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, con motivo da xornada de lanzamento do proxecto europeo GreenSeed. O representante autonómico estivo acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, nun acto no que tamén participou a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, ademais doutros rexedores da comarca.

A cita desenvolveuse nas instalacións da adega, convertidas durante a mañá no punto de encontro entre representantes institucionais e entidades vinculadas ao emprendemento e á cooperación transfronteiriza. A visita a Ladairo concentrou boa parte do protagonismo da xornada, ao tratarse dun espazo referente no sector vitivinícola da comarca de Monterrei.

GreenSeed é unha iniciativa liderada pola Xunta de Galicia e financiada a través do programa Interreg España-Portugal (POCTEP). O proxecto busca reforzar o ecosistema transfronteirizo de apoio ao emprendemento en bioeconomía mediante a colaboración entre Galicia e o norte de Portugal.

No consorcio participan tamén a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Juana de Vega, a Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega e Barroso, a Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega e o Instituto Politécnico de Bragança.

Durante o acto, o conselleiro destacou o potencial desta iniciativa para xerar oportunidades de emprego de calidade, favorecer a retención de talento e dinamizar o rural, especialmente en sectores ligados aos recursos naturais e ao territorio.

O proxecto desenvolverase ata 2028 e centrarase no impulso da bioeconomía en ámbitos como o agroalimentario, forestal, agroecolóxico e bioenerxético, con actuacións en catro áreas piloto a ambos lados da fronteira.

A xornada deixou tamén imaxes da presenza institucional en Bodegas Ladairo, cun percorrido polas instalacións e encontros cos asistentes nun dos espazos empresariais máis coñecidos do municipio de Oímbra.

visita ladairo-2
1 / 39

FOTOS: Noelia Caseiro.

visita ladairo-3
2 / 39
visita ladairo-4
3 / 39
visita ladairo-5
4 / 39
visita ladairo-6
5 / 39
visita ladairo-7
6 / 39
visita ladairo-8
7 / 39
visita ladairo-9
8 / 39
visita ladairo-10
9 / 39
visita ladairo-11
10 / 39
visita ladairo-12
11 / 39
visita ladairo-13
12 / 39
visita ladairo-14
13 / 39
visita ladairo-15
14 / 39
visita ladairo-16
15 / 39
visita ladairo-17
16 / 39
visita ladairo-18
17 / 39
visita ladairo-19
18 / 39
visita ladairo-20
19 / 39
visita ladairo-21
20 / 39
visita ladairo-22
21 / 39
visita ladairo-23
22 / 39
visita ladairo-24
23 / 39
visita ladairo-25
24 / 39
visita ladairo-26
25 / 39
visita ladairo-27
26 / 39
visita ladairo-28
27 / 39
visita ladairo-29
28 / 39
visita ladairo-30
29 / 39
visita ladairo-31
30 / 39
visita ladairo-32
31 / 39
visita ladairo-33
32 / 39
visita ladairo-34
33 / 39
visita ladairo-35
34 / 39
visita ladairo-36
35 / 39
visita ladairo-37
36 / 39
visita ladairo-38
37 / 39
visita ladairo-39
38 / 39
As instalacións de Ladairo acolleron a presentación do proxecto GreenSeed. | FOTO: Noelia Caseiro.
39 / 39
Comentarios
Expertos de Galicia e Portugal debaten en Ladairo o potencial da bioeconomía no rural...