Venres. 29.03.2024
Monterrei

NOTICIAS VERÍN | O desleixo do velorio da Madanela quita a gana de morrer

O estado da casa-velorio da aldea da Madanela, no concello de Monterrei, espertou as queixas da veciñanza. O BNG do municipio recibiu as súas inquedanzas e comprobaron de primeira man a situación de desleixo que vive este espazo público para o uso veciñal. Alberto Rodríguez, portavoz nacionalista no Concello, sinala que o inmoble ten "carencias notables tanto no exterior coma no interior" das súas instalacións.  

 

A casa-velorio da Madanela esté "chea de humidades" que están provocando danos na infraestrutura coa caída da pintura exterior. O chan tamén precisa dun cambio e dende o grupo nacionalista consideran "non sería necesario arrancalo, pódese colocar un parqué laminado para facelo máis quente". Ademais, sinalan que as paredes deberían recibir un tratamento antihumidades e logo botarlle outra man de pintura.

 

En canto ao exterior, o inmoble precisa dunha capa de hidrófugo para evitar a humidade e tamén reparar as partes que estén afectadas. O xardín tamén pide axuda, xa que está completamente descoidado.

 

Dende o BNG solicitan ao Concello, responsable do mantemento deste inmoble, que se inclúa unha partida para o seu arranxo nos orzamentos de 2023

WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.08 (2)_Easy-Resize.com
1 / 10
WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.07 (3)_Easy-Resize.com
2 / 10
WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.08_Easy-Resize.com
3 / 10
Estado do exterior da casa-velorio da Madanela, en Monterrei.
4 / 10
WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.08 (4)_Easy-Resize.com
5 / 10
WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.07 (2)_Easy-Resize.com
6 / 10
WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.08 (1)_Easy-Resize.com
7 / 10
8 / 10
WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.07 (1)_Easy-Resize.com
9 / 10
WhatsApp Image 2022-11-04 at 11.37.07_Easy-Resize.com
10 / 10
Comentarios
NOTICIAS VERÍN | O desleixo do velorio da Madanela quita a gana de morrer