NOTICIAS VERÍN | A I Festa da Vendima en Monterrei puido ca auga

A música tradicional non faltou na primeira Festa da Vendima.
FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
A primera xugada de vacas, ca uva da finca do Inorde.
Lara Da Silva, presidenta da D. O.; José González, conselleiro de Medio Rural; Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós; Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra, e Eva Barrio, rexedora de Riós.
O conselleiro, cunha cativa nos brazos, achegándoa á "Moura".
Un dos momentos de maior expectación: a chegada da xugada de vacas.
Lara Da Silva, presidenta da D. O., á dereita, foi unha das que pisaron a uva.
O posto da denominación de orixe ofreceu viño a fartar.
Colas agardando polo bocadillo da carne do porco ao espeto.
Logo de beber e xantar, unha sobremesa con churros e chocolate de Churrería González, por se se quedou con fame.
Germán García Aguirre, de Panadería Germán, preparou unha empanada conmemorativa.
O exalcalde de Monterrei, José Luis Suárez Conde.
Aníbal Blanco, á dereita, das adegas Tapias Mariñán.
Manuel Pardo, chófer do conselleiro, marchou para a casa sen gravata.
Natalia González e Lara Da Silva, da denominación de orixe Monterrei.
O conselleiro de Medio Rural, José González, ben acompañado. Á súa dereita, Eva Barrio, alcaldesa de Riós. Á esquerda del, Ana María Villarino Pardo, rexedora de Oímbra.

Preto de catrocentas persoas participaron este sábado na primera edición da festa da vendima recuperada pola Consellería de Medio Rural, Deputación de Ourense, Concello de Monterrei e a denominación de orixe. 

Aínda que se cumpriron as previsións de chuvia, que caiu con forza nalgúns momentos, os principais actos previstos pola organización -a carrexa da uva dende a finca experimental de Deputación e o seu posterior pisado- desenroláronse con toda normalidade e causaron unha excepcional expectación entre os presentes baixo a carpa instalada aos pés do castelo. Foron as dúas xugadas de vacas chegadas dende Chantada parte dos protagonistas, como tamén a música tradicional -algunha con representación do veciño Portugal- e, como non, o viño e o porco ao espeto, que xeraron algunha que outra longa espera nos postos de distribución. 

O conselleiro de Medio Rural, José González, participou activamente en todos os actos. Estivo ben acompañado, entre outras, polas alcaldesas de Oímbra ou Riós -Ana María Villarino Pardo e Eva Barrio López- ou o rexedor de Vilardevós, Manuel Cardoso Pérez. A Deputación de Ourense estivo representada pola directora xerente do Inorde, Enma González Diéguez