xoves 02/12/21
Monterrei

GALERÍA | Albarellos, tétrica capital do medo no val de Monterrei

Unhas 400 persoas participaron nunha nova edición da Noite de Samaín de Albarellos, no Concello de Monterrei, que organiza a asociación de veciños da localidade en colaboración coa Asociación O Trebón do Mildeu

Cada ano, esta xa tradicional cita -suspendida no 2020 polos motivos por todos coñecidos- medra en percorrido, participación e inxenio. Nesta edición, ademais, organizouse un obradoiro de baleirado da cabaza para logo decorar o traxecto, así como un de maquillaxe para participar como figurante.

 

Albarellos, en Monterrei, vén así de confirmarse xa coma destino do terror nestas datas de outono, rivalizando en participación con outra similar oferta tétrica: Arcucelos Pantasma, que ten lugar no verán. Este sábado, a convocatoria da organización, na que participan unha vintena de veciños e rapaces do lugar, foi maior da agardada

Cadaleitos, bonecos diabólicos, Jokers, paiasos con cabezas penduradas ou asasinos con motoserras foron algunas das criaturas que saían ao encontro dos participantes, en grupos de vinte persoas, nos barrios da Igrexa, do Pau e da praza Ángel Medeiros. Coma sempre, os máis cativos foron, á par, os máis asustadizos e os que máis se divertiron. 

comentarios
GALERÍA | Albarellos, tétrica capital do medo no val de Monterrei