domingo. 13.10.2024
Laza

FOTOGALERÍA | Primeira fin de semana de Entroido en Laza: folión, coloquio e unha curta cunha alta participación

Tremeron as rúas de Laza no seu primeiro folión o venres. Multitude de persoas fixeron camiño acompañados do son dos bombos do Trebón do Mildeu dende a Cerdeiriña ata Cimadevila festexando o inicio do Entroido. Volverán tremer as rúas ó son das chocas o vindeiro venres no segundo folión. Volverase sentir o espírito do Entroido de Laza entre os asistentes.

 

Ista fin de semana deu para moito. O ciclo de actividades "Tempo de Entroido" encheu o baixo da Casa do Concello co evento programado o sábado. O coloquio "Patrimonio e Identidade" centrouse na conversa sobre tres entroidos da provincia de Ourense. Un debate no que estiveron Xosé Manuel Gil, como representante dos Felos de Maceda, Mónica V. Lopo, traendo ás Bonitas de Sande e Jorge Minas, expoñente dos Boteiros de Viana do Bolo.

 

Moderado por Alexandre Sotelino, pedagogo da Universidade de Santiago de Compostela, os convidades responderon ás preguntas realizadas polo público nunha conversa que emanaba emoción e sentimento de tradición ancestral. Máis tarde, foi a quenda de Miriam Opazo, que presentou a súa curta "Ningún Deus"; un traballo de fin de carreira no que a moza limiá relata a súa experiencia de cativa no entroido da súa vila natal. Na curta tamén sae o Entroido de Laza xa que, como explicaba Miriam Opazo, "Meus bisavós eran de Laza, da familia dos Besteiros".

 

Organizado pola Asociación Cultural enLAZAdos, a Comisión do Entroido de Laza e coa colaboración do Concello de Laza, as xornadas pretenden reivindicar e pór de manifesto a idiosincrasia do Entroido nas terras lazás ofrecendo unha serie de actividades culturais que continuarán o vindeiro domingo, 5 de febreiro, co visionado dunha escolma de fotografías e vídeos realizados por Roberto de La Torre sobre os entroidos de Laza, Castro e Matamá.

EntroidoLaza2023 - 1 folión (15)
1 / 20

Os bombos do Trebón do Mildeu acompañaron o primeiro folión de Laza. | FOTOS: Comisión do Entroido de Laza 2023.

EntroidoLaza2023 - 1 folión (3)
2 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (4)
3 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (6)
4 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (2)
5 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (14)
6 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (7)
7 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (8)
8 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (9)
9 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (12)
10 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (13)
11 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (11)
12 / 20
EntroidoLaza2023 - 1 folión (10)
13 / 20
TempoEntroidoLaza2023 - coloquio (8)
14 / 20

As xornadas "Tempo de Entroido" recibiron a representantes de tres entroidos de Ourense.

TempoEntroidoLaza2023 - coloquio (11)
15 / 20
TempoEntroidoLaza2023 - coloquio (5)
16 / 20
TempoEntroidoLaza2023 - coloquio (4)
17 / 20

A limiá Miriam Opazo presentou a súa curta "Ningún Deus" nunha sala ateigada de público.

TempoEntroidoLaza2023 - coloquio (6)
18 / 20
El salón de plenos del Concello se llenó hasta la bandera. | FOTO: Anabel G. Siimón.
19 / 20
TempoEntroidoLaza2023 - coloquio (1)
20 / 20
FOTOGALERÍA | Primeira fin de semana de Entroido en Laza: folión, coloquio e unha curta...