lunes. 29.04.2024
Laza

Cálida lembranza das Mulleres Rurais de Matamá a "un dos nosos piares", a finada Rocío Guerra

A Asociación O Cruceiro de Matamá, no Concello de Laza, celebrou este domingo o día internacional da Muller Rural cunha curta andaina pola contorna da aldea e o posterior descubrimento dun pequeno monumento na honra de todas elas e, moi en especial, dunha das súas veciñas e tamén muller rural onde as haxa, a moi querida Rocío Guerra Requejo, finada nun fatal accidente de motocicleta o pasado 27 de agosto a poucos kilómetros de Laza. 

 

Nesta mañá de domingo, o colectivo louvou a súa figura, adicándolle tamén unhas verbas, que reflicten a verdadeira personalidade que tiña Rocío: "Muller vivaracha, alegre e espontánea, valiente e loitadora, que bordabas os teus soños cada día, apasionada da vida, sempre alegre e cunha sonrisa a pesar de que na túa vida existise algunha nube. A túa mirada cargada de coraxe, repleta de forzas, pola que nos facías ver ós demais que a vida pode ser dura pero que merece a pena vivila. Recordarémoste sempre polo que fuche, sen necesidade de nada máis, pero como un piar das mulleres do rural que eras (...)", dixeron de Guerra Requejo dende a Asociación de Mulleres Rurais O Cruceiro.  

 

A nai de Rocío, Corona Requejo, quen ao igual que o seu pai estaba presente na homenaxe, quixo aproveitar para "darlle as grazas a todos, a esos centos de persoas que nos acompañaron na nosa dor, ben presencialmente naqueles días, ben por medio de mensaxes sempre cheos de afecto. Se algo nos reconfortou, me reconforta como nai, é saber que trouxen ao mundo a unha muller íntegra, loitadora, sensible, e que deixou tanta e tan boa pegada en tanta xente. Hoxé é un día, coma todos, de moita tristura pero tamén dos que serenan sabendo que á miña Rocío a quería tanta xente". 

 

Rocío Guerra foi unha das impulsoras da recuperación da batalla de mouros e cristiáns en Trez.
1 / 12

Rocío Guerra foi unha das impulsoras da recuperación da batalla de mouros e cristiáns en Trez.

12 (FILEminimizer)
2 / 12

FOTOS: Joaquín Jiménez.

13 (FILEminimizer)
3 / 12
14 (FILEminimizer)
4 / 12

O pequeno monumento foi obra dun veciño de Matamá, Servando Fernández, quen tamén quixo homenaxear a outro apaixoado, esta vez da bicicleta, o tamén finado Lucas.

Este pequeno monumento xa loce en Matamá, en lembranza de todas as mulleres rurais e, moi especialmente, en memoria de Rocío Guerra. | FOTO: Joaquín Jiménez.
5 / 12
16 (FILEminimizer)
6 / 12
17 (FILEminimizer)
7 / 12
18 (FILEminimizer)
8 / 12
19 (FILEminimizer)
9 / 12
20 (FILEminimizer)
10 / 12
Logo da homenaxe ás Mulleres Rurais, estaba preparado un pequeno petisco no local social. | FOTO: Jorge Lorenzo.
11 / 12

Logo da homenaxe ás Mulleres Rurais, estaba preparado un pequeno petisco no local social. | FOTO: Jorge Lorenzo.

12 / 12
Comentarios
Cálida lembranza das Mulleres Rurais de Matamá a "un dos nosos piares", a finada Rocío...