O pasado 11 de maio celebrábase a segunda fase da Copa Deputación de Ximnasia Rítmica e o noso club conseguiu clasificar para o campionato galego dous conxuntos: o benxamín e o cadete. A súa gran actuación no pavillón de Xinzo de Limia foi premiada con sendas medallas de prata. E non foron as únicas: na categoría sénior individual, Enma acadou a medalla de bronce e, na categoría prebenxamín individual, a pequena Irina tamén se alzou cunha nova medalla de bronce.
O gran traballo que están realizando no Club Ximnasia Rítmica Verín xa leva tendo recompensas en forma de premios e medallas hai moito tempo. Agora dan un paso máis adiante e van participar nun campionato galego cheo de emoción. Será este domingo, 25 de maio, en Ferrol.
Un día antes, o sábado, tamén demostrarán o seu bo facer na final da Copa Deputación que se celebra en Barbadás, torneo no que exhibirán todo o aprendido ao longo deste último curso e que servirá como adestramento para templar os nervios cara ao campionato galego do domingo.
Vai ser un fin de semana movido, con viaxes, nervios e actuacións nas que, ben seguro, volverán desfrutar. Cada vez son máis as nenas e nenos que se unen ao Club Ximnasia Rítmica Verín. A día de hoxe xa forman parte del 64, pero contan con aumentar o número ante a demanda de prazas; motivo polo que teñen aberta a prescripción para o vindeiro curso durante todo o mes de maio.
Ademais, no mes de xuño, o club vai a realizar unhas xornadas de portas abertas para que a cativada poida coñecer de primeria man unha disciplina que vai máis alá do deporte. Fusión de danza, coordinación, flexibilidade e expresión artística, a ximnasia rítmica é un deporte que cultiva a disciplina e a constancia, á vez que fomenta a creatividade e a autoconfianza.
O conxunto de cadete do Club Ximnasia Rítmica Verín alzouse coa medalla de prata na Copa Deputación e clasificouse para o campionato galego.
As pequenas do grupo de exhibición demostrando a súa ledicia.
Unha merecidísima medalla de prata para o conxunto de cadete.
Na categoría sénior individual, Enma obtivo unha medalla de bronce pola súa actuación.
A pequena Irina volveu demostrar que é toda unha campiona e alzouse coa medalla de bronce.
As seis integrantes do conxunto benxamín coa su medalla de prata.
Orgullo de club e merecida recompensa.
