sábado 16/10/21
Concellos

GALERÍA | A particular Feira do Pemento de Oímbra 2021... Nos bares!

A Feira do Pemento de Oímbra, por segunda vez consecutiva, non pode ser celebrada da maneira máis tradicional. Non obstante, os establecementos hostaleiros do municipio tomaron o testemuño e así de ben lle renden homenaxe ao protagonista da fin de semana. Un equipo do Diario do Támega catou as receitas do bar Chiste, en Bousés; do Centro Social de Casas dos Montes e dos Pateiros, en Oímbra. Hoxe máis e mellor! Bo proveito!

Lembrade tamén que, por segunda vez, a Feira do Pemento é virtual e a través das redes sociais, podedes participar no concurso fotográfico co cancelo #PementodeOímbra ata mañá, día 2 de agosto.

 

 

comentarios
GALERÍA | A particular Feira do Pemento de Oímbra 2021... Nos bares!