Venres. 29.03.2024
A Mezquita

NOTICIAS VIANA | Os nenos convértense en políticos por un día no Concello da Mezquita

O Concello da Mezquita contou hoxe cun pleno "extraordinario" no que os nenos foron os protagonistas. Alumnos do CEIP Augusto Assía visitaron hoxe a Casa Consistorial para presentarlle as súas peticións ao alcalde, Rafael Pérez, quen os recibiu e non descartou que algún deles poida converterse nun futuro en alcalde ou alcaldesa da Mezquita.

 

Os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer por dentro e espertar o seu interese polo funcionamento desta institución pública local, vendo como se desenvolven os plenos. Os nenos fixeron as súas peticións ao alcalde, que foron recollidas por secretario municipal, Francisco García.

 

Pérez comprometeuse a facer realidade, na medidas das posibilidades do Concello, algunhas das peticións feitas polos estudantes. Os rapaces pediron algunhas melloras para o colexio, a ampliación do campo de fútbol ou a organización de eventos deportivos. Ademais, coa próxima celebración do Samaín, tamén reivindicaron algunha actividade para festexalo.

20221021_121829-02_Easy-Resize.com
1 / 11

FOTOS: Jainer Barros.

20221021_120203-01_Easy-Resize.com
2 / 11
20221021_120639_HDR-01_Easy-Resize.com
3 / 11

O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, e o secretario municipal, Francisco García, escoitaron ós rapaces.

20221021_120213_HDR-01_Easy-Resize.com
4 / 11
20221021_115834-01_Easy-Resize.com
5 / 11
20221021_120622_HDR_Easy-Resize.com
6 / 11
20221021_121134_HDR-01_Easy-Resize.com
7 / 11
20221021_120559_HDR-01_Easy-Resize.com
8 / 11
Estudantes do CEIP Augusto Assía visitaron esta mañá a Casa do Concello da Mezquita. | FOTO: Jainer Barros.
9 / 11
20221021_120633_HDR-01_Easy-Resize.com
10 / 11
20221021_120559_HDR-02_Easy-Resize.com
11 / 11
Comentarios
NOTICIAS VIANA | Os nenos convértense en políticos por un día no Concello da Mezquita