Acompañamos aos nenos do colexio público Augusto Assía da Mezquita nunha xornada de excursión. Diríxense ao famoso Castelo Grande de Santigoso, un dos lugares máis visitados nos últimos días por acoller traballos arqueolóxicos. Un equipo de profesionais quere determinar se os xacementos que hai na zona son ou non de orixe medieval.