GALERÍA | Os cativos do CEIP Augusto Assía visitan os novos achados no Castelo Grande de Santigoso

Acompañamos aos nenos do colexio público Augusto Assía da Mezquita nunha xornada de excursión. Diríxense ao famoso Castelo Grande de Santigoso, un dos lugares máis visitados nos últimos días por acoller traballos arqueolóxicos. Un equipo de profesionais quere determinar se os xacementos que hai na zona son ou non de orixe medieval.