Non hai galego que non coñeza, de carretilla, os principais ingredientes dun magosto popular. Por iso que non é preciso repetir aquí cales foron os da excepcional festa que organizou o Concello da Mezquita este sábado no local social municipal.
Só pasaban algo de frío os que se ocupaban dos diferentes lumes: o da carne e o das castañas. Dentro, só era preciso vir con fame e/ou co estómago baleiro, porque, ademais de castañas -que virían a ser o remate da inxesta-, tamén había litros e litros de chocolate para acompañar ás sobremesas que entraron en concurso e ás que non.
Eran máis dun cento de inscritos e ata ben entrada a fría noite deron boa conta das viandas. As que sobraron foron doadas, como vén sendo habitual en cada magosto municipal que se celebra, á residencia de maiores San Martiño do municipio.

Velaí algunhas pezas de carne para os comensais.


O rexedor, na misa e repicando.


Apurando o lume das castañas.

Só as/os valientes eran quen de botarlle a man á portiña de apertura.












Mónica Luis, a máis rápida arrapañando castañas.





Os homes, coas mans nas "brasas".












E chegou o momento do chocolate e das sobremesas.

Hai quen teimou en que o chocolate non espesara.

E chamouse a un experto chocolateiro dende hai máis de medio século.


E o mestre chocolateiro deu o visto e prace.

Algunhas das sobremesas que participaron no concurso.


Tamén Laza tiña parte de protagonismo coa súa bica.

Entrega de premios antes da foliada.








