O Artesanato da Mezquita celebra este ano a súa quinta edición, consolidándose como unha cita imprescindible no calendario cultural da comarca. A feira, que se celebra o 5 de agosto, naceu durante a pandemia e foi medrando con forza, mantendo viva a tradición artesanal e impulsando a vida local.
Nesta nova edición, o evento amplía a súa oferta con máis postos e incorpora demostracións en vivo de oficios tradicionais, como o traballo en coiro ou madeira, ademais de obradoiros participativos para o público máis novo. A xornada complétase cunha programación cultural diversa, con contacontos, música, maxia e outras actividades pensadas para todos os públicos.
A proposta segue medrando grazas ao compromiso da veciñanza e do Concello, converténdose nun escaparate do talento artesanal e nun motor de dinamización para o rural.
FOTOS : Noelia Caseiro.
artesanato 2025-
