A III Feira de Artesanía Artesanato arrancou esta mañá na Mezquita cun bo ambiente e con desexos de mercar por parte dos curiosos que se acercaron para ver a trintena de postos que participan. Xoias artesás, bonecas feitas a man, xoguetes ou roupa son algunhas das cousas que se podían ver en cada un deles.
Os asistentes contaron tamén cunha actuación das Travesas da Mezquita, que amenizaron as compras co son das súas voces e das pandeiretas. O tempo acompañou e o público deuse cita para ver ás cantareiras.
Nesta tarde continuarán as actividades desta feira coa representación teatral "Running" ás 18:00 horas. O Mago Bugarín tamén se deixará caer por Artesanato co espectáculo "Galicia ilusiona con maxia" ás 20:00 horas. As Travesas da Mezquita volverán actuar ás 21:000 horas, pero esta vez farano acompañadas de Freiro da Brúa.
Pola noite, haberá música coa charanga Bicoia e logo tocará verbena coa discomóbil Space ata ben entrada a madrugada.
FOTOS: Noelia Caseiro.