FOTOGALERÍA | Encontra a ilusión, 13 pistas para 13 décimos da lotería de Nadal na Mezquita

Décimo atopado; os afortunados xa agardan con ilusión que sexa o número da sorte na lotería de Nadal. | FOTOS: Concello A Mezquita.
Caerá o gordo de Nadal na Mezquita?.
O Concello da Mezquita dá novas pistas para atopar os décimos agochados nas aldeas.
Unha pista máis en Cádavos.
Décimo xa atopado.
Unha pista máis en Castromil.
Unha pista máis na Esculqueira.
Décimo xa atopado.
Décimo xa atopado.
Décimo xa atopado.
Décimo xa atopado.
Décimo xa atopado.
Décimo xa atopado.
Unha pista máis en Santigoso.
Décimo xa atopado.
Unha pista máis na Vilavella-Estación

O Concello da Mezquita volve poñer en marcha o seu tradicional xogo da caza do tesouro polo Nadal: "Encontra a ilusión nos pobos da Mezquita". En cada unha das aldeas do municipio agochouse unha fotocopia dun décimo para a lotería de Nadal; agora somentes hai que seguir as pistas e localizalas fotocopias para ir cambialas polos décimos reais na Casa do Concello.

Trece pistas para 13 décimos; nesta galería están todas. O martes xa foron atopados e recollidos dous décimos, os agochados na Vilavella e na Mezquita-Campo. E, ao longo desta semana algún outro tamén foi encontrado.

Pero inda queda tempo para buscar os cinco que faltan. E, para facilitar as cousas, engadimos as novas pistas sobre a localización dos décimos agochados en Santigoso, Cádavos, A Esculqueira, Castromil e Vilavella-Estación.

Aqueles décimos que non sexan atopados, en caso de ser premiados, serán doados íntegramente a entidades sen ánimo de lucro.