Un gran grupo de persoas pudo desfrutar da Andaina Nocturna que tivo lugar o mércores 14 de agosto, partindo da praza do Concello de A Mezquita e co Castelo de Santigoso como destino.
Como se pode apreciar, xente de todas as idades puido gozar desta aventura nocturna baixo a choiva de estrelas. Ademais, con toda seguridade, pasaron momentos marabillosos co petisco e a foliada popular.