NOTICIAS VERÍN | O Xabarín Club pasea polas rúas de Verín
20 de septiembre de 2022 (13:02 h.)
Comeza a ser habitual atopar xabaríns polas rúas das cidades, e tamén da vilas como a de Verín. Buscan alimento porque xa non poden atopalo no seu hábitat natural, que por enriba se viu deteriorado cos recentes lumes.
Esta noite varios residentes da Estrada da Veiga e da rúa Otero Pedrayo gravaban cos seus dispositivos móbiles a esta familia, que aproveitou as mornas temperaturas da pasada noite para dar un garbeo pola vila.