luns 21/09/20

Verín

VÍDEONOTICIA | Familiares dos usuarios do centro de día Raiola, en Verín, reclaman a súa inminente apertura

Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín e voceiro do BNG na institución local, anuncioulle ás familias dos usuarios do centro municipal de día para maiores da vila que o seu Executivo pedirá por escrito á Consellería de Política Social e, por extensión, á Xunta de Galicia que reconsidere a medida de manter os centros de día pechados ata o mes de setembro e permita que este tipo de complexos sociosanitarios de “indiscutible perfil terapéutico poidan abrir canto antes para evitar que os seus usuarios e as súas familias sigan sufrindo o deterioro que o confinamento e este novo alongamento da decisión do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lles está ocasionando aos maiores de Verín”.



 
comentarios
VÍDEONOTICIA | Familiares dos usuarios do centro de día Raiola, en Verín, reclaman a...