mércores 25/11/20

Verín

VÍDEO | O Colexio Mercedario amosa como atoparán os alumnos as súas aulas o día 23

Este venres, 11 de setembro, coñecíase que os alumnos galegos da Secundaria deberían de agardar ata o vindeiro 23 para dar comezo as súas clases. No Colexio Apostólico Mercedario de Verín xa tiñan todo listo para inicialas a vindeira semana.
O seu director, José Eloy García, ensinounos como quedou o centro académico logo das necesarias adaptacións esixidas polos protocolos educativos.

Rapazas e rapaces dos Mercedarios gardarán, de xeito escrupuloso, a distancia mínima esixida. Non se misturarán as clases nos recreos e o colexio habilitou unha entrada e unha saída, distintas. As nais e pais tamén terán prohibida, por primeira vez na historia, o acceso ao centro sen autorización. 

 

comentarios
VÍDEO | O Colexio Mercedario amosa como atoparán os alumnos as súas aulas o día 23