luns 10/08/20

Verín

VÍDEO | Que opinan os verinenses dos resultados do 12 de xullo?

Percorremos as rúas da vila para coñecer que lles parece aos verinenses os resultados que se deron este domingo e que fixeron, por cuarta vez consecutiva, presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo, candidado dun desaparecido -na cartelería- Partido Popular. 

Foron moitos os que non quixeron facer a súa valoración diante das cámaras, aínda que si amosaron o seu malestar polos resultados. Os máis valentes non dubidaron en opinar e o argumento é coincidente: ninguén entende como o PP, aínda que cunha notable caída de votos, foi a forza máis votada nas autonómicas. 

Si se expresaron, Diego Lourenzo, a un escano de convertirse parlamentario polo BNG; e Rosario Rodríguez, a secretaria local do PSdeG, que non agochou a súa decepción polos resultados saídos das urnas en Verín. 

comentarios
VÍDEO | Que opinan os verinenses dos resultados do 12 de xullo?