Venres. 29.03.2024

Verín

Luís Villares, maxistrado en excedencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, explica o verdadeiro porqué do peche do paridoiro do hospital de Verín

A recua de sentenzas condenatorias ao Sergas, que os obriga a refacer os cadros das gardas de pediatría no hospital do Barco de Valdeorras, ten moito que ver coa supresión do servizo do paridoiro en Verín. Así o entende o voceiro de En Marea e maxistrado en excedencia do Tribunal Superior de Xustiza da Galicia, Luís Villares, logo de analizar os diferentes fallos, que veñen a concluir que a xerencia da área sanitaria de Ourense está obrigada a enviar á comarca valdeorresa a pediatras tanto fixos como temporais e a pagarlle gardas presenciais, e non localizadas -moito máis baratas-, que é como o estaban facendo ata o de agora. 
Dende a xerencia da área sanitaria de Ourense, para evitar un problema idéntico en Verín, tomouse a drástica decisión de pechar o paridoiro, que era o servizo que reclamaba, indefectiblemente, a presenza de pediatra de garda. 
Comentarios
Luís Villares, maxistrado en excedencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,...