Venres. 29.03.2024

Verín

VÍDEO | A formación de "Pachi" Vázquez, Espazo Común, déixase ver por Monterrei

"Pachi" Vázquez, Francisco Fraga e Adolfo Nogueira visitaron a comarca de Monterrei, onde mantiveron varias reunións de traballo para coñecer, de moi primeira man, cal é a realidade socioeconómica das terras do val do Támega. O candidato por Ourense da formación -que se presenta en coalición con Recortes Cero e Os Verdes-, o exvoceiro do PSdeG na Deputación de Ourense e actual edil de Espazo Común no Concello de Piñor, Francisco Fraga, compareceu acompañado do presidente do partido, "Pachi" Vázquez, e de Adolfo Nogueira, voceiro da formación xenuinamente "pachista" no Concello do Carballiño.

E fíxoo nun emblemático lugar, diante do cartel que anunciaba a construcción do polígono industrial de Tamagos, promovido polo bipartito autonómico do que "Pachi" Vázquez foi conselleiro con Pérez Touriño e que máis tarde quedaría no esquecemento coa chegada de Núñez Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia. 

 

 

Comentarios
VÍDEO | A formación de "Pachi" Vázquez, Espazo Común, déixase ver por Monterrei