Gerardo Seoane: "Hai unha evidente falta de respecto polas normas, que atallaremos con cámaras e máis policía"
26 de agosto de 2024 (11:43 h.)
Máis dunha hora de longa conversa co rexedor de Verín, Gerardo Seoane. Fixo repaso do primeiro ano deste terceiro mandato, de proxectos que están na axenda do grupo de Goberno e tamén respostou a algunhas inquedanzas da cidadanía, como o son os ruidos, a necesidade de maior número de axentes da Policía Local ou o estado dalgunhas rúas.