VÍDEO | Controlado un lume en Ábedes, preto da lonxa verinense
15 de octubre de 2021 (14:29 h.)
Varios axentes forestais, membros das brigadas de loita contra o lume da Xunta de Galicia e ata un helicóptero extinguiron este mediodía un lume que se declarou pasadas as 13:30 horas no monte de Ábedes, preto das instalacións da lonxa agropecuaria de Verín.
En pouco máis de media hora, as lapas estaban totalmente controladas.