sábado. 20.04.2024

Verín

VÍDEO | Así está sendo a primeira xornada do cribado masivo do Sergas en Verín

Achégamos, neste frío 27 de decembro, ata o toural de Verín. Alí, ás 8:30 horas comezaban a entregarse os primeiros kits para a recollida de saliva de todos aqueles verinenses -uns 10.000- que estaban citados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao cribado masivo co que se pretende facer aflorar aos asintomáticos que están a transmitir a enfermidade. 

Un amplo dispositivo dos voluntarios de Protección Civil de Verín encamiñaban aos vehículos que non deixaron de acudir ao lugar para recoller os tubos de mostras. 

Dende mañá poderán entregalas noutra das carpas que hoxe aínda estaba inoperativa. 

 

Comentarios
VÍDEO | Así está sendo a primeira xornada do cribado masivo do Sergas en Verín