luns 23/11/20

Verín

VÍDEO| Os aplausos, a forza contra o virus no hospital de Verín

A Garda Civil, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín, os efectivos do Parque de Bombeiros do Polígono de Pazos, a Policía Nacional, a Policía Local de Verín, o servizo de ambulancias e a Brif de Laza romperon o silencio da tarde deste martes, ás 20:00 horas, cun gran aplauso ao persoal sanitario do hospital comarcal da vila para seguir con forzas a loita contra o COVID-19.

Cando a comitiva se retirou fixo soar as sirenas ao longo da Avenida de Laza e foron os veciños os que, asomados os balcóns, os ovacionaron. 

Efectivos do 061, 112 e Protección Civil aínda percorreron logo da homenaxe algunhas das principais vías da capitalidade de Verín, como Luis Espada, Avenida de Portugal, Constitución, Estrada de Cabreiroá ou Canella Cega; antes de recollerse aos seus hangares

 

comentarios
VÍDEO| Os aplausos, a forza contra o virus no hospital de Verín